Comunicado

Publicado: 10/05/2011 en Avisos
Dende a Asemblea Libre de Estudante de Medicina (ALEM) en representación do estudantado da
Facultade de Medicina da USC, reunido en asemblea o día 5 de maio de 2011, decidimos POÑER
NO SEU COÑECEMENTO AS SEGUINTES CONSIDERACIÓNS:
Os estudantes hai xa semanas que presentamos á equipa decanal a nosa proposta de
organización da docencia para o segundo ciclo da licenciatura que inclúe a descentralización da
metade da docencia práctica, ou da súa totalidade se o estudante así o desexa, ós complexos
hospitalarios da Coruña e Vigo para todos os estudantes e a outros complexos hospitalarios se os
estudantes o solicitasen. Pola contra, cremos que a docencia teórica se debe impartir
unicamente en Santiago de Compostela, mantendo así a homoxeneidade na formación e
avaliación para todos os estudantes, sen que isto supoña unha oposición á incorporación de
novos docentes provenientes doutros complexos hospitalarios, os cales poderían facer carreira
docente na USC impartindo a docencia teórica en Santiago de Compostela, algo que sen dúbida
sería de proveito para a calidade da nosa formación.
Como resposta á nosa proposta e sen alegar ningún inconveniente obxectivo que xustifique a
negativa á aplicación da mesma, o que se nos propuxo por parte das equipas decanal e
reitoral foi que os estudantes concentrasen toda a docencia teórica no 4º e 5º cursos e case
toda a docencia clínica (prácticas) no 6º curso para así poder realizar un curso unicamente
práctico similar ó rotatorio da titulación de grao que xa se está a implantar e que podería
realizarse en calquera dos hospitais habilitados para a realización de prácticas clínicas. Ademais,
aproveitando esta reorganización de contidos, o estudante que así o desexase podería adaptarse ó
grao e rematar a súa formación como graduado e máster, cas posibles vantaxes que isto suporía.
Como mostra de boa vontade, os representantes de estudantes estudamos esta proposta e
buscamos polo miúdo vantaxes e inconvenientes da proposta e incluso tentamos introducirlle
melloras que puidesen facela mais atractiva á hora de presentarlla ós nosos compañeiros. Unha vez
exposta con todo detalle esta reestructuración ós compañeiros, os estudantes entenderon
unanimemente que é INASUMIBLE pola nosa parte polos motivos, entre outros, que se
especifican a continuación:
- A desmesurada carga de contidos que supón comprimir toda a teoría de 3 cursos en so 2,
tendo en conta a gran dificultade e importancia das materias en cuestión.
- A redistribución da maioría da carga de créditos no 6º curso non permitiría ós estudantes
obter unha bolsa do Ministerio de Educación ó non alcanzar no 4º e 5º cursos o mínimo
de créditos matriculados esixidos para ser bolseiro, sendo este un elemento fundamental
para que moitos estudantes poidan continuar os seus estudos.
Unha vez exposta a clara postura do estudantado en oposición á proposta defendida polas equipas
decanal e reitoral, queremos facerlle saber que chegadas estas datas tan avanzadas do curso
académico e ca organización da docencia aínda sen establecer, MANTEMOS A NOSA
PROPOSTA DE ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA COMO A ÚNICA ALTERNATIVA Ó
ACTUAL SISTEMA e que pode ser aplicada a todos os cursos, sendo a nosa unha opción que
require do esforzo de todas as partes implicadas pero que supón unha mellora da situación actual, a
cal non agrada a ningunha das partes.
En consideración a todo o exposto anteriormente, os estudantes DEMANDAMOS A PRONTA
RESOLUCIÓN DESTA SITUACIÓN, deixando de lado a batalla política e as presións localistas
dos últimos anos que tanto están a perxudicar ó estudantado, e NON ACEPTAREMOS NINGÚN
PLAN QUE SUPOÑA UN EMPEORAMENTO DAS CONDICIÓNS DE FORMACIÓN
DOS FUTUROS MÉDICOS DE GALICIA.
Ademais, queremos facer consciente da gravidade do asunto a toda a sociedade galega e para
elo informamos ós medios de comunicación e iniciaremos as movilizacións que consideremos
axeitadas.
En Santiago de Compostela, a 10 de maio de 2011.
Advertisements
comentarios
  1. Patricia di:

    http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/05/12/0003_201105G12P14994.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

    “Macía se mostraba ayer algo sorprendido por la manifestación ya que se han mantenido siempre dispuestos a estudiar la opción de los alumnos”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s