Conclusións da xuntanza de onte!

Publicado: 14/05/2011 en Avisos

Conclusións da reunión co decano e o comisionado

Como consecuencia inmediata da manifestación do día 11, hoxe tivo lugar a reunión do estudantado de Medicina co prof. Gestal (decano) e o prof. Macía (comisionado de ciencias da saúde da USC). Antes de máis, agradecer a todos os estudantes que fosen á reunión mesmo sendo nunha sexta feira (venres) á tarde, véspera dunha ponte e cun exame adiantado na segunda feira (luns).
POSICIÓN DO REITORADO
O reitorado, por boca do prof. Macía, mostrouse favorábel ao modelo C. En primeiro lugar dixo que a principal vantaxe sería o aforro económico, pois co modelo C o período de contratación dos buses sería menor. Isto é porque o último mes antes de cada época de exames todo o estudantado fica en Santiago, e ese tempo non teñen que pagar os buses. Non obstante marcou tres eivas fundamentais: a dificultade organizativa, a escaseza de salas de aulas e a negativa de Vigo e A Coruña.
Acerca dos buses, Macía dixo que habería, mais que non estaba certo de se sería o reitorado quen o financiaría. Alegando o mal estado das contas da Universidade, dixo que o gasto completo era inasumíbel para o reitorado, lanzando a bóla ao decanato, quen tampouco se mostrou moi disposto a correr co gasto.
Finalmente, a conclusión a que chegou foi que desde o reitorado son favorábeis ao modelo C sempre que poidan ter flexibilidade para resolver o inconveniente do espazo limitado para dar a teoría. E no caso de non poder ser viábel o modelo C continuaríase co modelo actual, tentando que fosen apenas os voluntarios ou un mínimo número de xente á que non lle importase. Os criterios de descentralización serían estudados máis adiante se se der este caso.

“Estamos estudiando los inconvenientes del modelo C e intentaremos instaurarlo. En caso de que no fuese viable se seguiría con el modelo actual” Prof. Macía

Tamén se deu un dato importante, e é que para o ano tamén se abren os complexos hospitalares de Lugo e Ourense para as prácticas. Deste xeito, os voluntarios poden escoller entre Lugo, Ourense, Vigo e A Coruña para realizaren as prácticas todo o ano. No entanto, os non-voluntarios só irían á Coruña ou a Vigo, e os buses só irían a eses dous sitios. E será imposíbel realizar as prácticas en calquera outro hospital fóra destes, nin sequera de xeitofantasma como se viña facendo.
Falou de que o máximo de estudantes que son viábeis no complexo hospitalar de Santiago de Compostela son 250 por curso. Se se conseguise que só indo os voluntarios fóra se chegase a ese número en Santiago, o resto non terían que ser descentralizados. Tamén se falou de que o número máximo que aceptan Vigo e A Coruña son 50 por curso, e Lugo e Ourense 30 por curso. Non habería un mínimo obrigatorio en cada hospital, sempre que se chegase a que houbese menos de 250 estudantes por curso en Santiago.
Pediu tamén que os representantes de estudantes fixesen un inquérito ao estudantado para ver o número de voluntarios que habería para o ano. Isto realizarase na semana que vén, onde previsibelmente se repartirán cuestionarios para que a xente responda se iría descentralizada ou non, a que destino e baixo que condicións (só co modelo C, só se houber buses…).
E, a respecto de Boloña, Macía insistiu en que desde a reitoría nin poden nin queren obrigar a ninguén a pasar ao grao. De feito, no reitorado non manexan esa opción.

POSICIÓN DO DECANATO
O prof. Gestal, decano da facultade de Medicina, dixo en primeiro lugar que se reuniría na segunda feira (luns) cos representantes de estudantes para facer o inquérito que mostre o número de voluntarios para o ano.
Na súa intervención, reiterou a idea de querer pasar os estudantes ao grao. Dixo que quería dar a opción a quen así o desexar, e que se reuniría con todos os cursos para expor a súa idea. A proposta é que os estudantes que están en 4º fagan un 5º de grao, cos 60 créditos ECTS precisos para a bolsa do Ministerio, onde se condensase a teoría de 5º e 6º. Así, no seu 6º ano, terían apenas práctica. E dixo que estudarían dar a opción tamén ao actual 3º, que podería pasar de xeito opcional a un 4º de grao, aínda que neste caso non explicou como irían cadrar os créditos para a bolsa do ministerio.
Explicou que este paso a grao sería voluntario e para aqueles estudantes que quixesen, facendo un grupo á parte. Porén, non observou que o número de voluntarios a pasar non chegaría ao mínimo suficiente para facer un grupo separado, que os horarios serían moi difíciles de compaxinar e que deste xeito non se chegará a desconxestionar o suficiente o hospital como para deter a descentralización. O decano ten a idea de que o paso a Boloña sería amplamente aceptado polo estudantado, a pesar de expresarlle reiteradamente que non é así.
Polo resto, non falou nada de estar a favor ou contra o modelo C, limitouse a teimar na idea de pasar ao grao.
CONCLUSIÓN
O reitorado está a favor do modelo C, mais dentro dese modelo quere mirar pola opción máis económica para eles, dado o actual estado económico da USC. A Xunta teima en querer mandar xente a Vigo e á Coruña, cousa apoiada polas respectivas Universidades e os dirixentes de ambas as cidades, que o usan como arma política. E o decanato mantense indeterminado, no limbo, teimando nun paso a Boloña que ninguén quere.

Resta entón esperar á realización e resultado dese inquérito para saber o número de voluntarios e ver cal será a posición final do decanato. Até a semana non hai nada firme, mais isto ten boa traza.

Advertisements
comentarios
  1. Mili di:

    Hola, que día se vai realizar a enquisa sobre a voluntariedade? Porque hai moita xente que non vai ir a Santiago ata o mércores. Gracias!

  2. Non vos preocupedes, o luns só imos decidir como a facemos, pero non a faremos ata máis adiante.

  3. abc di:

    La gente que queira voluntariarse para descentralizacion teria TEORIA + PRATICA, o solamente PRATICA??

  4. camMcnamara di:

    Solamente sería PRÁCTICAS! teoría fuera de santiago es una opción totalmente descartada por el rectorado!

  5. abc di:

    Gracias 😉

  6. abc di:

    Companeros en la parte de Araujo, hemos hablado de Desnutrición tambien o solamente de Obesidad e Diabetes? Porque en apuntes de otros anos, si que aparece una parte de desnutrición y incluso de diferentes nutrientes…

    Muchas Gracias!

  7. Patricia di:

    Obesidade, diabetes e síndrome metabólico, pero nada de desnutrición.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s