Reflexión de peche.

Publicado: 30/07/2011 en Propuestas

Boa tarde a tod@s!

Son Teixo. Rematado o curso, a falla da convocatoria de setembro, quero anunciar o evidente. Deixo de ser delegado e de facerme cargo deste blogue de xeito definitivo. Quero despedirme destas responsabilidades cun breve texto no que expreso a miña opinión respecto ao que foi este curso, e non querendo que esta opinión desencadease unha severa trifulca, gustaríame que todos reflexionásemos moito sobre o que aconteceu.

Non fomos compañeiros, nunca. En segundo tivemos a nosa crispación na miña estrea colocando o parcial de Fisioloxía, pero este ano ese ambiente perpetuámolo. As amizades persistiron, os grupos non se romperon, pero a vaga de compañeirismo que promoción tras promoción significa terceiro, converteuse nunha loita cainita. O espírito de cooperativismo, non só ausente na organización do paso de ecuador, senón no día a día, brilou pola súa ausencia. Eu tampouco estiven á altura, por circunstancias persoais, pero dende logo que pouca xente estivo ben.

Con esta mensaxe non quero ser pastor, pero pido a quen retome un blogue da clase, ou a quen sexa delegado ou delegada, que consiga recuperar o bo rollo en anos vindeiros. Espero que todos o axudemos.

Un saúdo e grazas por tolerarme cando me trabuquei e eloxiarme cando acertaba. Bo verán e mellor setembro.

Advertisements
comentarios
  1. Parabéns Teixo polo teu traballo!

    Botarémoste de menos, xa se sabe, mellor malo coñecido que bó por coñecer (:P). Tampouco é para arrepentirse o feito de que houbesen eses puntuais problemas porque axudaron a que todos visemos como é a xente realmente.

    Ogallá teñamos un sucesor digno!

    Unha aperta.

  2. Dudas di:

    +1, e iso significa unha autocrítica que tamén me aplico.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s