Grupos de Prácticas para 4º Grupo II. Curso 2011/2012.

Publicado: 18/08/2011 en Archivos, Avisos

Bo día a todos e todas:

Quería deixar de exercer como delegado, pero é imposible, IMPOSIBLE. Chegoume unha mensaxe do vicedecano Carreira convocándome a unha reunión o 20 de setembro na que debería entregarlle, xa pechados, os grupos de prácticas do novo curso. Porque si, este ano podemos facelos nós. A cuestión é a seguinte:

Os grupos serán de cinco persoas, cinco persoas que terán que ser do Grupo II e terán que ter o mesmo hospital asignado. O procedemento que se seguirá para formar os grupos será o seguinte, e é moi importante que se faga exactamente así para que isto funcione.

En primeiro lugar decidide con quen queredes ir no grupo e unha vez que teñades o grupo pechado, tendo por seguro que os cinco membros do grupo cumpren os requéritos, enviádemo. Que quero dicir con isto? Quero dicir que aquelas persoas que recurran a súa descentralización é mellor que non sexan incluídas en ningún grupo ata que se resolva o seu recurso e aquelas persoas que non saiban se pasan ou non de ciclo é mellor que agarden a sabelo para incluírse. Por iso recomendo que aqueles grupos que teñan unha persoa nesta situación non se envíen ata que se saiba definitivamente que pasa con esa persoa.

Decidido o grupo, haino que mandar a medicinagrupoii@gmail.com antes do 19 de setembro. A reunión é o 20, se mo mandades tarde non chegará a tempo.  Tédesmo que mandar co seguinte título GRUPO DE PRÁCTICAS 2011/2012, indicando, tamén no título, a vosa cidade de prácticas: A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo ou Santiago de Compostela. No contido da mensaxe indicade aos vosos nomes co formato APELIDOS, NOME. No caso dos compañeiros portugueses, colocádeme ben os apelidos, tal e como aparece no voso expediente.

Unha vez que reciba a mensaxe respondereivos indicándovos o número que terá o voso grupo.

NON SE ADMITIRÁN TROCOS DE GRUPO UNHA VEZ ENVIADO AGÁS QUE ESTES TROCOS SE DEBAN A UNHA CAUSA DE FORZA MAIOR, ISTO É, SECUESTRO OU FALECEMENTO. SÓ ENGADIREI OS GRUPOS QUE ME MANDEDES A ESTE CORREO. SE ALGUÉN ME MANDA O GRUPO AO FACEBOOK PODERÁ MODIFICARSE O SEU GRUPO PORQUE FALECERÁ E ESE É UN DOS SUPOSTOS QUE PERMITEN FACER TROCOS.

Un saúdo!

Teixo 🙂

Advertisements
comentarios
  1. Silvia Pic. di:

    Pero qué grupo empieza con las prácticas? el 1 o el 2?

  2. Karla di:

    Esto es solo para el grupo II???

  3. Maria di:

    hola! tengo dos preguntas: para aquellos que se van a adaptar al grado tambien tenemos que hacer estos grupos? es que vamos a tener muy pocas praticas.. y ademas, si aun no sabemos si pasamos de ciclo y no enviamos nuestro nombre que va a pasar? es que las actas solo cierran el 30 de septiembre y no creo que todas las notas salgan hasta el 19..

    • Aquelas persoas que se vaian pasar ao grao este ano terían que matricularse nun curso ponte que incluiría varias asignaturas de Licenciatura, polo que coido que se deberían inscribir igualmente. En canto ao asunto do paso de ciclo, non reparara niso, pero quizais sexa boa opción que te inscribas nun grupo. Agora ben, se logo non pasas, non se modifica, queda un grupo de 4 persoas e xa está.

  4. Bea di:

    Ola! No caso dos k non sabemos si pasamos…. Non creo k o sepamos antes do 19 non!?

  5. Bea di:

    Vale… Non lera os comentarios…. Perdon!!!!

  6. Ana di:

    Hola! Hablando de pasar de ciclo, con las modificaciones que hizo el decanato en julio, ahora se pasa a partir de 104,5 créditos, ¿no?
    Según los documentos que enviaron lo modificaron y pasó de ser un 75% a un 50% de los créditos troncales.
    Es a partir de ya o a partir del curso que viene?

    ¿Los del grupo I también tenemos que mandar ya los grupos?

    Gracias, un saludo!

  7. Marta di:

    Supongo que es a partir de ya, para que la gente que se quiera pasar a grado el año próximo pueda matricularse ya de la médica de 4º

  8. A verdade que coido que foi aprobado no último Consello de Goberno, pero os acordos aínda non foron pendurados no apartado de Goberno da web da USC, polo que non é posible para min confirmar en que curso entra en vigor a medida. Quizais Hadrián Pernas ou Tania Salgado, que pertencen a unha organización que si ten representación no Consello, poderían conseguir a información. Un saúdo!

    • Marta di:

      Hola, le envié un correo a Jesusa Rico, de la secretaría, y me confirmó que entra en vigor para este próximo curso ya.

      • Ana di:

        Es decir, que en octubre nos podemos matricular de cuarto si tenemos más de 104/105 créditos, no?

        Muchas gracias!

  9. Marta di:

    Hola,

    Y aquellos que nos descentralizamos tb es necesario que formemos grupos de practicas?

    Un saludo

    • Por suposto, xa está indicado no post que tendes que indicar o voso hospital ao enviar o correo.

      • Marta di:

        Pero entonces mi pregunta es la siguiente. los descetralizados para Ourense somos solo 5 personas, supongo que no habria problema en formar un grupo de 5 pero el problema es el siguiente. 4 de los que se van son del grupo I y yo soy del grupo II y tengo diferente horario, cual es la solucion a esto? Yo quedo en un grupo a parte sola? Porque yo tengo practicas cuando ellos tienen clase y vicebersa. Un saludo

    • Pernas di:

      Terás que facer un grupo tí soa se eres única no grupo II. Se queres facer un grupo cós do grupo I terías que facer unha petición de cambio de grupo, eu aconsélloche que te poñas en contacto có profesor carreira e lle expliques a túa situación.

  10. tania di:

    Non hay forma de que os grupos poidan ser mixtos do grupo I e II. En principio a teoria vaii a ser a mesma, e as practicas tamen. Gracias

  11. Sara di:

    Y si por ejemplo quedaran algunas personas sin apuntarse en ningún grupo,que pasaría,harían un grupo con los que quedan?

  12. Pernas di:

    Non se poden facer grupos entre o grupo I e o grupo II. Para iso hai que cambiarse de grupo xa que nos meses nos que un grupo ten prácticas o outro ten teoría. Para ser exactos o grupo I terá prácticas os meses de outubro e decembro no primeiro cuadrimestre e do día 16 de abril ó 25 de maio no segundo cuadrimestre porén o grupo II terá as prácticas os meses de novembro e xaneiro no primeiro cuadrimestre e dende a última semana de febreiro á 2ª de abril no segundo cuadrimestre. Por iso non se poden mezclar persoas dos dous grupos.

  13. tania di:

    que hay que facer exactamente para cambiarse de grupo??

  14. Lucas di:

    Unha pregunta, eu non vou coller as tres clínicas, collerei dous! Necesito apuntar igualmente a algún grupo non? con tal de que faga unha xa necesito un grupo non? grazas un saudo

  15. Laura di:

    Hola!!! Porfavor necesito saber si alguien tiene idea de cuando va ser el examen practico de anatomia 1 ??? Intento localizar los profesores pero es imposible … gracias

  16. Sara Castro di:

    si hay alguien del grupo 2 que se quiera cambiar al 1 por favor que me avise que yo me quiero cambiar!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s