Arquivo para a categoría ‘Avisos’

Bo día a todos e todas:

Quería deixar de exercer como delegado, pero é imposible, IMPOSIBLE. Chegoume unha mensaxe do vicedecano Carreira convocándome a unha reunión o 20 de setembro na que debería entregarlle, xa pechados, os grupos de prácticas do novo curso. Porque si, este ano podemos facelos nós. A cuestión é a seguinte:

Os grupos serán de cinco persoas, cinco persoas que terán que ser do Grupo II e terán que ter o mesmo hospital asignado. O procedemento que se seguirá para formar os grupos será o seguinte, e é moi importante que se faga exactamente así para que isto funcione.

En primeiro lugar decidide con quen queredes ir no grupo e unha vez que teñades o grupo pechado, tendo por seguro que os cinco membros do grupo cumpren os requéritos, enviádemo. Que quero dicir con isto? Quero dicir que aquelas persoas que recurran a súa descentralización é mellor que non sexan incluídas en ningún grupo ata que se resolva o seu recurso e aquelas persoas que non saiban se pasan ou non de ciclo é mellor que agarden a sabelo para incluírse. Por iso recomendo que aqueles grupos que teñan unha persoa nesta situación non se envíen ata que se saiba definitivamente que pasa con esa persoa.

Decidido o grupo, haino que mandar a medicinagrupoii@gmail.com antes do 19 de setembro. A reunión é o 20, se mo mandades tarde non chegará a tempo.  Tédesmo que mandar co seguinte título GRUPO DE PRÁCTICAS 2011/2012, indicando, tamén no título, a vosa cidade de prácticas: A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo ou Santiago de Compostela. No contido da mensaxe indicade aos vosos nomes co formato APELIDOS, NOME. No caso dos compañeiros portugueses, colocádeme ben os apelidos, tal e como aparece no voso expediente.

Unha vez que reciba a mensaxe respondereivos indicándovos o número que terá o voso grupo.

NON SE ADMITIRÁN TROCOS DE GRUPO UNHA VEZ ENVIADO AGÁS QUE ESTES TROCOS SE DEBAN A UNHA CAUSA DE FORZA MAIOR, ISTO É, SECUESTRO OU FALECEMENTO. SÓ ENGADIREI OS GRUPOS QUE ME MANDEDES A ESTE CORREO. SE ALGUÉN ME MANDA O GRUPO AO FACEBOOK PODERÁ MODIFICARSE O SEU GRUPO PORQUE FALECERÁ E ESE É UN DOS SUPOSTOS QUE PERMITEN FACER TROCOS.

Un saúdo!

Teixo 🙂

Aviso!

Publicado: 19/05/2011 en Avisos
Clases Neuro:
Martes 24 el Prof. Noya de 10.30 h hasta las 12.30 horas.
Viernes 27 el Prof. Lema de 10.30 hasta las 12.30 horas.
Miércoles 1 de Junio de 10.30 hasta 12.30 horas.

Entrega cuadernillo y memoria de prácticas de cirugía.

Martes 31 de 11,30 a 14,00 en el despacho del profesor Caínzos, situado en la planta menos uno de las Consultas, puerta 359.

Descentralizacións

Publicado: 16/05/2011 en Avisos

http://descentralizacions.wordpress.com/

Este blogue ábrese para todos aqueles e todas aquelas que o curso que vén estarán en 4º, 5º ou 6º de Medicina na Universidade de Santiago. Créase para recoller os datos de todos aqueles e todas aquelas que se ofrezan a:

1) En caso de manterse o modelo actual de descentralización mensual, marchar a Vigo, A Coruña, Ourense (sen buses) ou Lugo (sen buses) en todos os meses de prácticas.

2) En caso de instaurarse o modelo C, pasar os dous períodos de prácticas, e non só o período que pasaríamos todos fóra, en Vigo, A Coruña, Ourense (sen buses) ou Lugo (sen buses).

3) Pasarse ao plano de Grao segundo o modelo que presentará publicamente ao estudantado interesado o Decano o vindeiro luns 23 ás 19.30 no Salón de Actos da Facultade.

Aqueles que non se ofrezan a ningunha das opcións, non teñen que cubrir nada.

Un saúdo, teixo 🙂

Conclusións da xuntanza de onte!

Publicado: 14/05/2011 en Avisos

Conclusións da reunión co decano e o comisionado

Como consecuencia inmediata da manifestación do día 11, hoxe tivo lugar a reunión do estudantado de Medicina co prof. Gestal (decano) e o prof. Macía (comisionado de ciencias da saúde da USC). Antes de máis, agradecer a todos os estudantes que fosen á reunión mesmo sendo nunha sexta feira (venres) á tarde, véspera dunha ponte e cun exame adiantado na segunda feira (luns).
POSICIÓN DO REITORADO
O reitorado, por boca do prof. Macía, mostrouse favorábel ao modelo C. En primeiro lugar dixo que a principal vantaxe sería o aforro económico, pois co modelo C o período de contratación dos buses sería menor. Isto é porque o último mes antes de cada época de exames todo o estudantado fica en Santiago, e ese tempo non teñen que pagar os buses. Non obstante marcou tres eivas fundamentais: a dificultade organizativa, a escaseza de salas de aulas e a negativa de Vigo e A Coruña.
Acerca dos buses, Macía dixo que habería, mais que non estaba certo de se sería o reitorado quen o financiaría. Alegando o mal estado das contas da Universidade, dixo que o gasto completo era inasumíbel para o reitorado, lanzando a bóla ao decanato, quen tampouco se mostrou moi disposto a correr co gasto.
Finalmente, a conclusión a que chegou foi que desde o reitorado son favorábeis ao modelo C sempre que poidan ter flexibilidade para resolver o inconveniente do espazo limitado para dar a teoría. E no caso de non poder ser viábel o modelo C continuaríase co modelo actual, tentando que fosen apenas os voluntarios ou un mínimo número de xente á que non lle importase. Os criterios de descentralización serían estudados máis adiante se se der este caso.

“Estamos estudiando los inconvenientes del modelo C e intentaremos instaurarlo. En caso de que no fuese viable se seguiría con el modelo actual” Prof. Macía

Tamén se deu un dato importante, e é que para o ano tamén se abren os complexos hospitalares de Lugo e Ourense para as prácticas. Deste xeito, os voluntarios poden escoller entre Lugo, Ourense, Vigo e A Coruña para realizaren as prácticas todo o ano. No entanto, os non-voluntarios só irían á Coruña ou a Vigo, e os buses só irían a eses dous sitios. E será imposíbel realizar as prácticas en calquera outro hospital fóra destes, nin sequera de xeitofantasma como se viña facendo.
Falou de que o máximo de estudantes que son viábeis no complexo hospitalar de Santiago de Compostela son 250 por curso. Se se conseguise que só indo os voluntarios fóra se chegase a ese número en Santiago, o resto non terían que ser descentralizados. Tamén se falou de que o número máximo que aceptan Vigo e A Coruña son 50 por curso, e Lugo e Ourense 30 por curso. Non habería un mínimo obrigatorio en cada hospital, sempre que se chegase a que houbese menos de 250 estudantes por curso en Santiago.
Pediu tamén que os representantes de estudantes fixesen un inquérito ao estudantado para ver o número de voluntarios que habería para o ano. Isto realizarase na semana que vén, onde previsibelmente se repartirán cuestionarios para que a xente responda se iría descentralizada ou non, a que destino e baixo que condicións (só co modelo C, só se houber buses…).
E, a respecto de Boloña, Macía insistiu en que desde a reitoría nin poden nin queren obrigar a ninguén a pasar ao grao. De feito, no reitorado non manexan esa opción.

POSICIÓN DO DECANATO
O prof. Gestal, decano da facultade de Medicina, dixo en primeiro lugar que se reuniría na segunda feira (luns) cos representantes de estudantes para facer o inquérito que mostre o número de voluntarios para o ano.
Na súa intervención, reiterou a idea de querer pasar os estudantes ao grao. Dixo que quería dar a opción a quen así o desexar, e que se reuniría con todos os cursos para expor a súa idea. A proposta é que os estudantes que están en 4º fagan un 5º de grao, cos 60 créditos ECTS precisos para a bolsa do Ministerio, onde se condensase a teoría de 5º e 6º. Así, no seu 6º ano, terían apenas práctica. E dixo que estudarían dar a opción tamén ao actual 3º, que podería pasar de xeito opcional a un 4º de grao, aínda que neste caso non explicou como irían cadrar os créditos para a bolsa do ministerio.
Explicou que este paso a grao sería voluntario e para aqueles estudantes que quixesen, facendo un grupo á parte. Porén, non observou que o número de voluntarios a pasar non chegaría ao mínimo suficiente para facer un grupo separado, que os horarios serían moi difíciles de compaxinar e que deste xeito non se chegará a desconxestionar o suficiente o hospital como para deter a descentralización. O decano ten a idea de que o paso a Boloña sería amplamente aceptado polo estudantado, a pesar de expresarlle reiteradamente que non é así.
Polo resto, non falou nada de estar a favor ou contra o modelo C, limitouse a teimar na idea de pasar ao grao.
CONCLUSIÓN
O reitorado está a favor do modelo C, mais dentro dese modelo quere mirar pola opción máis económica para eles, dado o actual estado económico da USC. A Xunta teima en querer mandar xente a Vigo e á Coruña, cousa apoiada polas respectivas Universidades e os dirixentes de ambas as cidades, que o usan como arma política. E o decanato mantense indeterminado, no limbo, teimando nun paso a Boloña que ninguén quere.

Resta entón esperar á realización e resultado dese inquérito para saber o número de voluntarios e ver cal será a posición final do decanato. Até a semana non hai nada firme, mais isto ten boa traza.

Comunicado

Publicado: 10/05/2011 en Avisos
Dende a Asemblea Libre de Estudante de Medicina (ALEM) en representación do estudantado da
Facultade de Medicina da USC, reunido en asemblea o día 5 de maio de 2011, decidimos POÑER
NO SEU COÑECEMENTO AS SEGUINTES CONSIDERACIÓNS:
Os estudantes hai xa semanas que presentamos á equipa decanal a nosa proposta de
organización da docencia para o segundo ciclo da licenciatura que inclúe a descentralización da
metade da docencia práctica, ou da súa totalidade se o estudante así o desexa, ós complexos
hospitalarios da Coruña e Vigo para todos os estudantes e a outros complexos hospitalarios se os
estudantes o solicitasen. Pola contra, cremos que a docencia teórica se debe impartir
unicamente en Santiago de Compostela, mantendo así a homoxeneidade na formación e
avaliación para todos os estudantes, sen que isto supoña unha oposición á incorporación de
novos docentes provenientes doutros complexos hospitalarios, os cales poderían facer carreira
docente na USC impartindo a docencia teórica en Santiago de Compostela, algo que sen dúbida
sería de proveito para a calidade da nosa formación.
Como resposta á nosa proposta e sen alegar ningún inconveniente obxectivo que xustifique a
negativa á aplicación da mesma, o que se nos propuxo por parte das equipas decanal e
reitoral foi que os estudantes concentrasen toda a docencia teórica no 4º e 5º cursos e case
toda a docencia clínica (prácticas) no 6º curso para así poder realizar un curso unicamente
práctico similar ó rotatorio da titulación de grao que xa se está a implantar e que podería
realizarse en calquera dos hospitais habilitados para a realización de prácticas clínicas. Ademais,
aproveitando esta reorganización de contidos, o estudante que así o desexase podería adaptarse ó
grao e rematar a súa formación como graduado e máster, cas posibles vantaxes que isto suporía.
Como mostra de boa vontade, os representantes de estudantes estudamos esta proposta e
buscamos polo miúdo vantaxes e inconvenientes da proposta e incluso tentamos introducirlle
melloras que puidesen facela mais atractiva á hora de presentarlla ós nosos compañeiros. Unha vez
exposta con todo detalle esta reestructuración ós compañeiros, os estudantes entenderon
unanimemente que é INASUMIBLE pola nosa parte polos motivos, entre outros, que se
especifican a continuación:
- A desmesurada carga de contidos que supón comprimir toda a teoría de 3 cursos en so 2,
tendo en conta a gran dificultade e importancia das materias en cuestión.
- A redistribución da maioría da carga de créditos no 6º curso non permitiría ós estudantes
obter unha bolsa do Ministerio de Educación ó non alcanzar no 4º e 5º cursos o mínimo
de créditos matriculados esixidos para ser bolseiro, sendo este un elemento fundamental
para que moitos estudantes poidan continuar os seus estudos.
Unha vez exposta a clara postura do estudantado en oposición á proposta defendida polas equipas
decanal e reitoral, queremos facerlle saber que chegadas estas datas tan avanzadas do curso
académico e ca organización da docencia aínda sen establecer, MANTEMOS A NOSA
PROPOSTA DE ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA COMO A ÚNICA ALTERNATIVA Ó
ACTUAL SISTEMA e que pode ser aplicada a todos os cursos, sendo a nosa unha opción que
require do esforzo de todas as partes implicadas pero que supón unha mellora da situación actual, a
cal non agrada a ningunha das partes.
En consideración a todo o exposto anteriormente, os estudantes DEMANDAMOS A PRONTA
RESOLUCIÓN DESTA SITUACIÓN, deixando de lado a batalla política e as presións localistas
dos últimos anos que tanto están a perxudicar ó estudantado, e NON ACEPTAREMOS NINGÚN
PLAN QUE SUPOÑA UN EMPEORAMENTO DAS CONDICIÓNS DE FORMACIÓN
DOS FUTUROS MÉDICOS DE GALICIA.
Ademais, queremos facer consciente da gravidade do asunto a toda a sociedade galega e para
elo informamos ós medios de comunicación e iniciaremos as movilizacións que consideremos
axeitadas.
En Santiago de Compostela, a 10 de maio de 2011.

Araújo!

Publicado: 10/05/2011 en Archivos, Avisos, Propuestas

Calendario de exámenes prácticos de propedéutica clínica:

Dia 26 de maio, aula 6 de Medicina, 10:30-15:30, grupos:1-30

Dia 31 de maio, aula 6 de Medicina, 10:30-15:30, grupos:31-60

Dia 2 de xuño, aula 6 de Medicina, 10:30-15:30, grupos:61-88

E obrigatorio entregar o dia do examen as duas follas de prácticas debidamente asignadas polos titores clínicos. No examen (oral) so preguntarase polas habilidades e coñecementos clinicos marcados como “si” na correspondente folla de auto-avaliación. Dos 17 puntos máximos son necesarios 9 para pasar o examen. O suspenso no examen práctico supón o suspenso na asignatura. Esta nota corresponderá ao 25% da nota final de xuño. O examen non se repetirá en setembro, agás pras persoas que teñan aprobado o examen teórico en xuño.

obesidade2011_terceiro

DIABETES2011

Un saúdo!

Avisos varios

Publicado: 06/05/2011 en Avisos

-Protección radiolóxica:

O exame de Protección Radiolóxica realizarase a semana do 16 ó 20 de Maio. A falta de confirmación por parte do profesor, o máis probable é que se realice o día 18 ou 19 – despois das Letras Galegas-.

-Caínzos:

Comentáronme que algunha xente tanto do grupo I como do grupo II aínda non tivo o seminario de historia da cirurxía que imparte o profesor Caínzos. Toda esa xente debe asistir o luns 9 de Maio ás 9,30.

Recuperaremos as dúas horas de cirurxía que nos quedan o Martes 10 de 12,30 a 14,30.
Isto vai dirixido tanto o grupo I como ó grupo II.

-Araújo:

Enviareille un novo correo solicitando as diapositivas de Obesidade.

-En canto poidamos, os delegados presentaremos un calendario de adiantamento de clases.

Aviso de Pernas

Publicado: 03/05/2011 en Avisos

Mañá reunión urxente de vendas ás 8 e 20

Ola compañeir@s!

A problemática da descentralización encara unha recta e gaña en velocidade. Polo que nos respecta a todos, o Decano convoca ao estudantado a reunirse con el o Xoves ás 19.30. Será antes, o mércores, cando o Reitor da USC nos reciba aos membros da Comisión.

Querería aproveitar tamén esta entrada para que me poñades en forma de comentarios todas as xestións que habería que facer: clases pendentes, prácticas non resoltas… para que eu llas poida transmitir aos profesores correspondentes ou para coordinarme coa delegada do grupo I.

Un saúdo,

teixo:)

Aviso Paso!

Publicado: 28/04/2011 en Avisos

A ver rapaces, isto vai dirixido á xente que considere que pode aportar un pouco máis do que aportou ata agora para o Paso. (Lémbrovos que aínda falta xente da lista dos apuntados ó Paso por enviarme o correo co que fixo. Se os que faltades non mo mandades en días próximos darei por suposto que non fixéchedes nada e haberá que tomar medidas dalgún tipo que se falarán en común obviamente, non as decidirei eu.)
Pois iso, que xa quedan pouquiñas cousas por facer para recaudar cartos e pídovos a vosa colaboración ós que creedes que ata agora colaboráchedes menos en xeral.

A primeria, é a festa Xabarín. Será no Blaster a semana que ven (día por determinar). Convoco unha reunión mañá ó saír de patoloxía, e dicir, ás 20:30. Prometo que será rápida! O único que hai que facer é repartir o traballo! Obviamente a esta reunión tamén deben acudir os da comisión de festas.

Por último, estou barallando a idea de, cando acabemos todas as festas,vendas,ciclos… facer públicos os correos que estou recibindo de todos vós para que todos podamos ver o traballo de todos. Creo que desta forma todo sería máis transparente pero acepto que non estedes dacordo por suposto e só o farei se a maioría o quere. Pero bueno, iso xa o falaremos!

Iso e todo xente!
Un saudiño!
Olalla