Arquivo para a categoría ‘Propuestas’

Reflexión de peche.

Publicado: 30/07/2011 en Propuestas

Boa tarde a tod@s!

Son Teixo. Rematado o curso, a falla da convocatoria de setembro, quero anunciar o evidente. Deixo de ser delegado e de facerme cargo deste blogue de xeito definitivo. Quero despedirme destas responsabilidades cun breve texto no que expreso a miña opinión respecto ao que foi este curso, e non querendo que esta opinión desencadease unha severa trifulca, gustaríame que todos reflexionásemos moito sobre o que aconteceu.

Non fomos compañeiros, nunca. En segundo tivemos a nosa crispación na miña estrea colocando o parcial de Fisioloxía, pero este ano ese ambiente perpetuámolo. As amizades persistiron, os grupos non se romperon, pero a vaga de compañeirismo que promoción tras promoción significa terceiro, converteuse nunha loita cainita. O espírito de cooperativismo, non só ausente na organización do paso de ecuador, senón no día a día, brilou pola súa ausencia. Eu tampouco estiven á altura, por circunstancias persoais, pero dende logo que pouca xente estivo ben.

Con esta mensaxe non quero ser pastor, pero pido a quen retome un blogue da clase, ou a quen sexa delegado ou delegada, que consiga recuperar o bo rollo en anos vindeiros. Espero que todos o axudemos.

Un saúdo e grazas por tolerarme cando me trabuquei e eloxiarme cando acertaba. Bo verán e mellor setembro.

Araújo!

Publicado: 10/05/2011 en Archivos, Avisos, Propuestas

Calendario de exámenes prácticos de propedéutica clínica:

Dia 26 de maio, aula 6 de Medicina, 10:30-15:30, grupos:1-30

Dia 31 de maio, aula 6 de Medicina, 10:30-15:30, grupos:31-60

Dia 2 de xuño, aula 6 de Medicina, 10:30-15:30, grupos:61-88

E obrigatorio entregar o dia do examen as duas follas de prácticas debidamente asignadas polos titores clínicos. No examen (oral) so preguntarase polas habilidades e coñecementos clinicos marcados como “si” na correspondente folla de auto-avaliación. Dos 17 puntos máximos son necesarios 9 para pasar o examen. O suspenso no examen práctico supón o suspenso na asignatura. Esta nota corresponderá ao 25% da nota final de xuño. O examen non se repetirá en setembro, agás pras persoas que teñan aprobado o examen teórico en xuño.

obesidade2011_terceiro

DIABETES2011

Un saúdo!

Avisos e enquisa

Publicado: 30/03/2011 en Avisos, Propuestas

Mañá hai xuntanza de Festas ás 19.30, que se presenten todas aquelas persoas que queiran bailar.

Se alguén esta de prácticas de Pato con Araújo que lle lembre que nos ten que mandar as diapositivas de Endocrino, aínda non o fixo ou polo menos o arquivo perdeuse antes de chegar aos correos dos blogues de terceiro.

Descentralización:

reunión de hoxe co Decano sobre a descentralización para 4º curso podemos dicir que foi “positiva”, pois afirma que estará do lado dos estudantes e que lle transladará a nosa postura ó reitor en breve.
Puxemos sobre a mesa o “plan C”, apoiado maioritariamente na asemblea, segundo o cal todos os estudantes teriamos toda a teoría en Santiago6 semanas de prácticas na Coruña/Vigo (con servizo de transporte gratuíto e con horarios axeitados) e o resto no CHUS.
Ademais, os estudantes que voluntariamente queiran ter todas as súas prácticas e incluso a teoría na Coruña e Vigo poderían facelo, sempre e cando esto non sexa precedente para a obrigatoriedade en próximos cursos.
Tamén mantemos a petición de que se poidan facer prácticas nos hospitais de Lugo, Ferrol, Ourense e Pontevedra.

Por último, o profesor de Protección Radiolóxica está disposto a adiantar a súa hora dos xoves ás 16.30 a partir da semana que vén, pois deixa de haber seminarios de Farma. Para ver se hai acordo, deixo aquí unha enquisa:

Un saúdo

Mensaxe de Joao Vinagre

Publicado: 16/03/2011 en Avisos, Propuestas

Buenas tardes,

Vengo hablar por varias personas que quieren una época especial en Mayo (1ª quincena) de Anatomía I. Hablamos con Meaños y la responsable Alonso que a principio no estaba muy contenta, pero nos dijo que iba hablar con los restantes profesores a fin de llegar a una decisión. Ahora nuestra parte de acuerdo, tenemos que recoger lo máximo de firmas de interesados, al rededor de 194 inscritos a la asignatura. Como fin de eso, mando un e-mail a todos los interesados a través del blog de 3º!
Muchísimas gracias!
Abrazo

João Vinagre

Mensaxe de Vendas

Publicado: 06/03/2011 en Propuestas

Estes son os deseños para as camisolas, cal preferides?

OLLO! A de INFLAMONES poría INFLAMACIONES!

Noutra orde de cousas, estes son os membros que continúan a ser membros da Comisión de Vendas. Os que crean que merecen estar neste lista que falen con Hadrián Pernas Pardavila nos vindeiros días.

Membros da Comisión

PASO ECUADOR

Mensaxe de Mila

Publicado: 26/01/2011 en Propuestas

Hola Teixo¡¡¡
El profesor dijo hoy en clase de dar una clase más antes del exam y dice que cuanto mas cerca del examen mejor¡¡¡dijo que lo llamaramos al hospital para decir el dia¡¡¡te lo aviso a ti para que si puedes hagas una entrada en el blog viendo si hay gente interesada y para decidir el dia¡yo desde luego lo estoy que estoy más perdida…pero si solo quiero yo, una clase para una sola es mu mu triste :D¡
Graciaaaaaaaaaaaaaaaaaaaas¡
Mila Suárez

Raios

Publicado: 21/01/2011 en Propuestas

O luns chamarei ao profesor Souto para que nos aclare todas as dúbidas que poidamos ter arredor do exame. Poñede como comentarios as vosas cuestións.

Un saúdo, Teixo.

Descentralización e Xuntas

Publicado: 12/01/2011 en Avisos, Propuestas

Boa tarde compañeiros e compañeiras,

Creo que o outro día na xuntanza do grupo II tentei explicalo pero déixoo por escrito tamén para que chegue a todos aqueles que non puideron asistir.

Achégase unha nova convocatoria de eleccións a representantes de estudantes nas Xuntas de Centro da USC. É dicir, os estudantes temos a oportunidade de escoller aos nosos representantes no Parlamento da Facultade, no lugar onde se toman a maioría das decisións que nos afectan.

Este ano os representantes eleitos terán xunto cos Delegados o deber de negociar co novo Decano e coa Reitoría o modelo de descentralización que nos afectará a nós en carne propia o curso que vén. É importante que sexamos moitos alumnos de Terceiro os que esteamos na nova Xunta, por iso animo a todos a presentarvos e a participar no deseño dunha descentralización o menos mala e o máis xusta posible.

O prazo de presentación de candidaturas comeza o 27 de xaneiro e morre o 22 de febreiro. É posible presentarse como independente, sen siglas, pero as posibilidades de saír escollido indo por libre son mínimas. Se realmente queredes participar debedes optar por algunha das organizacións estudantís que teñen presenza na Facultade. Eu podo dar algunha referencia de cada unha, pero ante a posibilidade de ser parcial, prefiro enuncialas, dicir se teñen presenza ou non noutras Facultades e darvos unha web onde vos podedes informar e unha persoa de contacto na nosa clase que vos poida orientar:

Comités: www.comitesabertos.org Con presenza noutras facultades. A Responsábel do Comité de Medicina é Tania Salgado Espinosa.

MEU: www.movemento.eu Con presenza noutras facultades. Na nosa clase podédesvos dirixir a Pedro José Otero Rivas ou a min mesmo, que son o Portavoz Nacional da organización, é dicir, o seu cabecilla a nivel galego.

ALEM: http://batasbrancas.wordpress.com/ Non ten presenza noutras facultades. Creo que non ten a ninguén moi activo na clase, pero podédesvos dirixir a Alberto FM. Se non sabedes quen é eu vos indico.

MEIGA: http://www.meigausc.org/ Por non se ter presentado ás últimas eleccións estudantís e por ter a idea de que estatutariamente só se presentaban a Xunta de Facultade os seus cargos non a mencionei onte, pero agora a inclúo porque así mo solicita o seu Presidente, Andrés Marín. A el podedésvos dirixir, así como a Alejandro Rivero de Aguilar, que é o seu Tesoureiro. Non ten presenza noutras facultades.

Se algunha outra organización que eu me coma se quere presentar que me avise que a inclúo. Lembro, xa por último, que é moi importante que vos informedes das posibilidades que hai e que participedes na Xunta.

P.D. Dende o MEU estamos negociando con outras organizacións levar a cabo unha candidatura conxunta que nos dea a forza da unidade, pero as perspectivas non son moi favorables. En todo caso, se as negociacións chegasen a bo porto eu informaría do cambio de escenario rapidamente.

Debido á inminencia do período de presentación de candidaturas é moi importante que no caso de estar interesados en concorrer aos comicios vos dirixades aos contactos que deixei con rapidez.

Un saúdo, Anxo Teixeiro Fernández.