Arquivo para a categoría ‘Uncategorized’

Troco de enderezo.

Publicado: 23/08/2011 en Uncategorized

A partir de hoxe o enderezo electrónico será medicinagrupoii@gmail.com. Tiven un conflito con Google :S Alí deberán ser enviados os grupos de prácticas dende hoxe.

Advertisements

Publicado: 27/05/2011 en Uncategorized

Exame práctico de patoloxía

O examen do dia 2 trasládase ao martes 7 de xuño (mesma hora e aula).

By Pernas

Publicado: 04/05/2011 en Uncategorized

GRUPOS DE VENDAS

O compañeiro Baker ofreceuse a coordinar o asunto. Hai que enviar nome e DNI a utilizadorac9@hotmail.com. Tamén os que xa mo mandastes a min.

O exame será o día 22. Calquera dúbida será resolta nese mesmo correo.

Un saúdo, Anxo.

INTERCAMBIOS MEIGA

Publicado: 04/11/2010 en Uncategorized

LUNS 8 NOVEMBRO ÁS 20:45  REUNIÓN INFORMATIVA

LÍMITE PARA ANOTARSE Ó EXAME E ENTREGAR O EXPEDIENTE: XOVES 11 NOVEMBRO ÁS 21.00

EXAME DE INGLÉS: VENRES 12 NOVEMBRO

-16:00 DARÁ COMEZO O EXAME ESCRITO (Segundo vaian saíndo xa poden empezar a entrar no oral)

-16:45 REMATE DO EXAME ESCRITO

-ORAIS DURANTE TODA A TARDE

Exame Biofísica

Publicado: 03/11/2010 en Uncategorized

Creo que deixei clariño que eu non organizo a convocatoria de Biofísica de decembro. Aqueles que me estean enviando correos que saiban que son automaticamente eliminados. Cos que teñen que falar é cos delegados de segundo.

Un saúdo, Anxo Teixeiro Fernández, delagado de terceiro curso, non de segundo.

Aos nosos arquivos temos incorporado o Harrison!

Un saúdo, Anxo!

BENVIDAS E BENVIDOS!

Publicado: 10/09/2010 en Uncategorized

Benvido todo o mundo a esta nova bitácora. Alejandro decidiu definitivamente deixar a súa laboura de xestión no vello blogue e, tendo en conta que o ano pasado en reiteradas ocasións ninguén se ofreceu a substituílo, serei eu, Anxo Teixeiro, quen o faga. Troco o enderezo porque apáñome mellor neste programa de blogues que en Blogger. Agora ben, isto é independente da miña xestión como delegado. Ofrézome a levar o blogue e actualizar as súas novas seccións, pero os avisos da clase que aparecerán na pestaña INICIO deben ser subidos polo delegado ou delegada electo ou electa, en 3º eu tamén.

Dito isto, comento as novidades. Como xa dixen seguirá habendo unha sección de avisos, novas da clase… na pestaña INICIO ao xeito do vello blogue, o cal seguirá aberto canda menos ata que Alejandro recade os cartos que nel se fixeron e, en consecuencia, poidamos fechalo. Pero, ademais haberá outras pestañas:

-CONTACTO: o enderezo que compartiremos o delegad@ e o administrador do blogue, fusionados na mesma persoa e que estará aberto a cuestións, suxerencias… que non querades facer publicamente no propio blogue.

-SECCIÓN DE TODO UN POUCO: humor, música, fotos, reflexións…calquera cousa que poida ser desconectante, nosa ou recollida doutros lugares.

-SECCIÓN MEDICINEANDO: a antítese da sección anterior: apuntamentos, exames, ligazóns a páxinas de interese académico…

-VIVE COMPOSTELA: festas, actos, eventos… todo tipo de actividades de lecer que queirades propór terán aquí o seu oco.

E evidentemente a sección estrela PASO DE ECUADOR, alí discutiremos e anunciaremos as campañas que vaiamos artellando.

Pois nada máis, os meus parabéns para Alejandro polo vello blogue e a miña benvida a todos e todas. Ide fedellando polo blogue, e comezade a usalo!

Unha forte aperta!

Anxo Teixeiro, administrador do novo blogue!