By Pernas

Publicado: 04/05/2011 en Uncategorized

GRUPOS DE VENDAS

Aviso de Pernas

Publicado: 03/05/2011 en Avisos

Mañá reunión urxente de vendas ás 8 e 20

Ola compañeir@s!

A problemática da descentralización encara unha recta e gaña en velocidade. Polo que nos respecta a todos, o Decano convoca ao estudantado a reunirse con el o Xoves ás 19.30. Será antes, o mércores, cando o Reitor da USC nos reciba aos membros da Comisión.

Querería aproveitar tamén esta entrada para que me poñades en forma de comentarios todas as xestións que habería que facer: clases pendentes, prácticas non resoltas… para que eu llas poida transmitir aos profesores correspondentes ou para coordinarme coa delegada do grupo I.

Un saúdo,

teixo:)

Aviso Paso!

Publicado: 28/04/2011 en Avisos

A ver rapaces, isto vai dirixido á xente que considere que pode aportar un pouco máis do que aportou ata agora para o Paso. (Lémbrovos que aínda falta xente da lista dos apuntados ó Paso por enviarme o correo co que fixo. Se os que faltades non mo mandades en días próximos darei por suposto que non fixéchedes nada e haberá que tomar medidas dalgún tipo que se falarán en común obviamente, non as decidirei eu.)
Pois iso, que xa quedan pouquiñas cousas por facer para recaudar cartos e pídovos a vosa colaboración ós que creedes que ata agora colaboráchedes menos en xeral.

A primeria, é a festa Xabarín. Será no Blaster a semana que ven (día por determinar). Convoco unha reunión mañá ó saír de patoloxía, e dicir, ás 20:30. Prometo que será rápida! O único que hai que facer é repartir o traballo! Obviamente a esta reunión tamén deben acudir os da comisión de festas.

Por último, estou barallando a idea de, cando acabemos todas as festas,vendas,ciclos… facer públicos os correos que estou recibindo de todos vós para que todos podamos ver o traballo de todos. Creo que desta forma todo sería máis transparente pero acepto que non estedes dacordo por suposto e só o farei se a maioría o quere. Pero bueno, iso xa o falaremos!

Iso e todo xente!
Un saudiño!
Olalla

Asemblea Descentralización

Publicado: 26/04/2011 en Avisos
Boas
Ata este momento non conseguimos unha reunión co reitor, pero dende o decanato avanzarónnos que teñen unha proposta que conta co apoio da equipa reitoral.
Para expoñer e debatir dita proposta convócase ASEMBLEA URXENTE para o mércores 27 de abril ás 19:45 (comezaremos puntuais)na Facultade (aula por determinar).
O principal punto na orde do día será a DESCENTRALIZACIÓN para TODOS OS CURSOS, polo que non se realizará unha segunda asemblea en días posteriores, os interesados debedes acudir mañá.
Pregamos a máxima difusión desta convocatoria e a máxima asistencia, pois é un momento decisivo no que debemos tomar decisión.
Un saúdo, teixo 🙂

Aviso do Paso!

Publicado: 19/04/2011 en Avisos

O LUNS 25 haberá unha reunión do paso alternativo (cruceiro) as 20.30. É imprescindible que veñades todos aqueles interesados (apuntados xa nas listaxes ou non), posto que se tomarán DECISIÓNS IMPORTANTES de cara a viaxe.

O martes ás 20.30 reunión de Vendas.

Mensaxe de Olalla Janeiro

Publicado: 19/04/2011 en Avisos

Hola chicos! Ahora que ya quedan pocas cosas que hacer para el Paso de Ecuador me gustaría pedirle colaboración en todo lo que queda a esa gente que por el motivo que sea no ha participado tanto en todo lo que hemos hecho hasta ahora. Por eso os pido a todos los que esteis apuntados en el Paso si me podeis mandar un privado o un correo de lo que habeis hecho hasta ahora para repartir un poco el trabajo que queda, que creo que es una fiesta, un ciclo y vender mecheros,bolis,paraguas,etc. Os agradecería que me lo enviarais cuanto antes para poder organizarnos con tiempo. (Enviádmelo a mi tuenti: Olalla Jan ; facebook: Olalla Janeiro Janeiro ; o al correo: oly_legolas07@hotmail.com) Gracias. Olalla

As diapositivas de Araújo

Publicado: 18/04/2011 en Avisos

Digamos que en termos twitteiros #diapositivasaraujo é un trend topic. Valéndome de correos e de xeito presencial, a semana pasada por última vez, véñolle insistindo ao profesor Araújo en que aínda non nos remitiu as diapositivas. El di que xa o sabe, que non se esquece. A min tamén me preocupa a demora, pero son un estudante, non un coronel da Garda Civil, ou sexa que as mandará cando lle dea por aí, eu non podo ir cun trabuco, pórllo na caluga e facer que nolas envíe, só podo lembrarllo e xa o fago de xeito periódico.

Un saúdo, que teñades unha boa estación de Penitencia. Pasádevos por Ferrol!

Seminario Zamarrón

Publicado: 15/04/2011 en Avisos

Bo día,

Hoxe o profesor Zamarrón non puido impartir o seminario por ter sufrido un accidente de tráfico. Porase en contacto connosco para recuperalo.

Un saúdo.

Cuba!

Publicado: 11/04/2011 en Avisos

30 CAUSAS

CUBA 3